Comercio B2B empresarial
O novo estándar para a venda B2B

Comercio B2B empresarial

Adiántate ás expectativas dos compradores coa túa tenda B2B grazas ás máis de 300 funcións e melloras que se incorporan á plataforma cada ano1.















Falemos de como Shopify B2B se adapta á túa empresa
Xestiona varios compradores e localizacións con niveis de permiso únicos, condicións de pagamento, exencións fiscais e configuracións de envío de pedidos.
Organiza os prezos e a dispoñibilidade dos produtos con catálogos que podes asignarlles aos teus clientes B2B específicos.
Crea regras condicionais específicas de clientes para produtos e variantes, incluíndo mínimos e máximos, caixas e paquetes, e incrementos.
Implementa reducións de prezo por cantidade de forma sinxela para que os teus clientes B2B merquen en maiores cantidades.
Adapta o contido da tenda, a moeda e os impostos e aranceis para todos os públicos aos que vendas desde unha única tenda usando Shopify Markets.
Obtén un control total sobre a túa experiencia do comprador grazas ás ferramentas para desenvolvedores e ás API de Shopify en combinación coa túa pila tecnolóxica.
Crea a solución que necesita a túa empresa co noso conxunto de API para B2B e aplicacións compatibles.
Emprega aplicacións personalizadas ou de terceiros para introducir novas funcións na experiencia das contas de clientes, como roles do comprador personalizados e cargas de pedidos en formato CSV.
Converte as tarefas repetitivas en fluxos de traballo automáticos, como etiquetar pedidos, enviar facturas e notificar aos representantes, mediante Shopify Flow. Deste modo o teu equipo poderá delegar as tarefas de rutina.
Engade un formulario de solicitude de conta á túa tenda con Shopify Forms. A información do comprador gárdase automaticamente como unha conta de empresa, polo que poderá comprar ao por xunto en canto o aprobes.
Engade aos representantes de vendas como persoal no administrador cos permisos que precisan para acceder só aos clientes asignados e facer pedidos no seu nome.
Simplifica os fluxos de traballo e os orzamentos grazas á posibilidade de envialos a revisión na túa tenda en liña para a súa posterior aprobación antes da preparación.
Envía solicitudes de pagamento separadas por cada envío dentro dun pedido de envíos múltiples.
Móstralles aos compradores unha lista de todos os produtos e variantes para que poidan pedir tamaños, cores e moito máis facilmente desde as páxinas de produtos ou cun formulario de pedido independente.
Personaliza as opcións de pagamento e de envío, establece condicións e depósitos dinámicos baseados nas regras da túa empresa e controla que pedidos requiren unha revisión.
Permítelles aos teus compradores pagar desde a súa conta bancaria no proceso de pagamento e gardar os detalles para máis adiante, de forma que poidas efectuar os cargos en contas gardadas cando venzan os pagamentos.
Axiliza o pagamento almacenando de forma segura as tarxetas de crédito dos clientes en rexistro para usalas no proceso de pagamento, en borradores de pedidos ou ao pagar as facturas.
Valida os números de IVE e xera, almacena e mostra facturas de IVE que cumpran coa normativa para compradores da UE e do Reino Unido con Shopify Tax.
Ofrece descontos promocionais que se sumen aos teus prezos de venda por xunto e adáptaos aos teus compradores B2B.

Shopify B2B permítenos relacionarnos con estes clientes dunha forma nova, de xeito moi semellante a un cliente típico DTC, pero na contorna B2B.



A dispoñibilidade das funcións varía segundo o país, o plan e a configuración do comerciante. Algunhas funcións requiren aplicacións, servizos de partners ou cargos adicionais. Máis información no Centro de axuda de Shopify.