Campaign Autopilot

Xestiona o teu márketing co piloto automático

Activa campañas con tecnoloxía de IA que se volven máis intelixentes co paso do tempo, sen perderes o control en ningún momento.

Non tes ningunha tenda de Shopify? Crea unha gratis

Chega a máis clientes con menos esforzo

No centro aparece un anuncio de Meta cunhas lentes de sol da marca ficticia ILL1UM, rodeado polas iconas de Shop, Microsoft Advertising, Shopify Messaging e Snapchat. Nunha etiqueta ovalada pon "Conectado a Meta".

Comeza facilmente

Simplifica as túas campañas de pago e orgánicas grazas á configuración guiada e ás recomendacións.
Unha interface simplificada mostra os axustes recomendados na estratexia de márketing de Campaign Autopilot, listos para que a marca os revise e aprobe.

Mantén o control

Consulta todo o que fai Campaign Autopilot, aprende das súas accións e axusta a estratexia para que se adapte aos teus obxectivos.
Unha interface abstracta mostra un gráfico de vendas por canle xunto á imaxe do produto dunhas lentes de sol. Un fluxo de datos entra para alimentar a análise.

Optimizado cos datos de Shopify

Obtén campañas máis intelixentes con información de millóns de tendas e adaptadas ao teu sector.

Comeza sen complicacións

Unha interface simplificada mostra Meta e Shopify Messaging conectándose como un conxunto unificado de canles de anuncios.

Conecta as túas canles

Sigue os pasos para conectar ou crear as túas canles de anuncios.
Unha pantalla de interface simplificada mostra a marca seleccionando un orzamento máis alto de entre as recomendacións.

Establece o teu orzamento

Comeza cun orzamento recomendado e axústao en calquera momento.
Unha interface simplificada mostra límites que a marca pode controlar, como cambiar o retorno obxectivo do gasto e axustar os custos de adquisición.

Engade os teus límites

Escolle como se executan as campañas e que precisan a túa aprobación.
Unha interface de usuario simplificada amosa como se preparan as suxestións de SEO para os produtos, cunha revisión lista para comezar.

Optimiza o SEO dos produtos

Revisa as suxestións de SEO para que os teus produtos destaquen nas buscas.
Unha interface simplificada mostra gráficos das sesións totais, das vendas e dos clientes, todos eles en aumento.

Rastrexa e supervisa os resultados

Mira a evolución, desde as sesións ata os pedidos, a medida que Campaign Autopilot aprende e mellora.

Aprende sobre a marcha con Sidekick

Pide axuda a Sidekick en calquera momento, tanto se precisas un percorrido pola túa estratexia de márketing como se necesitas axuda para facer cambios nos controis.

Fai acto de presenza onde de verdade importa

Logotipo de Meta

Meta Ads

Icona de Messaging

Messaging

Logotipo de Shop Campaigns

Shop Campaigns

Próximamente

Logotipo de Microsoft

Microsoft Advertising

Logotipo de Snapchat

Snapchat

Logotipo de ChatGPT

ChatGPT Ads

Próximamente

Logotipo de X

X Ads

Próximamente

Máis

Próximamente

Activa Campaign Autopilot e deixa que o teu márketing flúa

Non tes ningunha tenda de Shopify? Crea unha gratis

Preguntas frecuentes

Que é Campaign Autopilot?

Campaign Autopilot é unha forma de poñer en marcha automaticamente campañas orgánicas e de pago en diferentes canles, directamente desde o panel de administración de Shopify.

Podo controlar canto gasto en anuncios?

Si, podes establecer o orzamento mensual e axustalo en calquera momento. Campaign Autopilot ofréceche un orzamento suxerido ao comezo, que podes cambiar para que se adapte ás túas necesidades.

Cando podo esperar ver resultados ao xestionar o meu márketing con Campaign Autopilot?

Os resultados levan o seu tempo mentres o sistema aprende. Non podemos garantir os resultados, pero si un sistema que sempre traballa en diferentes canles para atopar o mellor para a túa tenda.

Como xera os anuncios Campaign Autopilot?

Campaign Autopilot usa o teu catálogo para xerar anuncios. Non necesitas contido creativo adicional.

Como decide Campaign Autopilot onde colocar os anuncios?

Campaign Autopilot traballa de xeito constante para optimizar o orzamento e os anuncios nas diferentes canles. Usa información sobre a túa tenda e categoría, ademais de millóns de tendas de Shopify, para que a túa marca chegue ao público axeitado.

Como funciona Campaign Autopilot con Sidekick?

Campaign Autopilot e Sidekick traballan xuntos á perfección. Pídelle axuda a Sidekick cos teus obxectivos de crecemento ou para darlle sentido aos teus resultados de márketing, sempre que o precises.