Funcións integradas en todas as tendas

Un mapa do mundo cunha estatística que mostra un tempo de actividade do 99,9 %

O máis rápido.
Incriblemente fiable.

Cunha taxa de tempo de actividade do 99,9 % e 300 puntos de presenza en todo o mundo, a infraestrutura de Shopify non deixará a túa clientela tirada.
A experiencia do proceso de pagamento de Shopify

O mellor proceso de pagamento
do mundo

O proceso de pagamento de Shopify converte un 15 % máis de media que outras plataformas de comercio, o que se traduce en máis vendas.
A ferramenta de IA Shopify Magic usándose para xerar un eslogan

O poder da IA
a cada paso

Desde lanzar a túa tenda ata xestionala e escalala, dálle un pulo a cada aspecto do teu negocio coa IA integrada, especialmente concibida para o comercio.

Escolle como queres crear a tenda

Temas de Shopify

A creatividade xúntase co comercio

Crea a visión única da túa marca sobre unha base pensada para vender desde o primeiro minuto. Só tes que escoller un tema que reflicta a túa marca e facelo teu.


Fai realidade a túa visión

Ferramentas de personalización potentes que che permiten clavar cada detalle. Non se precisan coñecementos de programación, só imaxinación.

Crea bloques feitos totalmente á túa medida

Apenas tes que describir o que queres en poucas palabras e deixar que a IA cree novos bloques de contido que se adapten á túa visión.

Opción para alternar entre os escaparates contextuais de Shopify con 4 opcións de tenda: B2B, Canadá, Estados Unidos ou Predeterminado

Vende a todo o mundo ou por xunto

Mostra diferentes produtos e prezos aos clientes internacionais e clientes B2B con escaparates contextuais.

As funcións de arrastrar e soltar de Shopify usándose para reorganizar o deseño dunha tenda

Arrastrar e soltar

Engade páxinas sen esforzo e cambia o deseño co editor da tenda en liña de Shopify.

O contido personalizado que necesitan os clientes

Receitas nunha tenda de salsa picante, mostrando como os metaobxectos che permiten engadir tipos de contido personalizados
Klaviyo Reviews Crea experiencias de 5 estrelas para a túa clientela
Yotpo Product Reviews & UGC Recompila avaliacións de produtos, puntuacións, CGU, proba social e fotos
Shogun Landing Page Builder Creador de páxinas profesional e fácil de usar para todo tipo de páxinas
Shopify Translate & Adapt Traduce e adapta o contido da túa tenda para cada mercado
Judge.me Product Reviews Avaliacións de produtos con fotos e vídeos para proba social e SEO
Loox Product Reviews & Photos Avaliacións de produtos con fotos e vídeos, referencias e vendas adicionais
Recharge Subscriptions Maximiza os ingresos con subscricións, lotes e plans para membros
Smile: Loyalty & Rewards Puntos de fidelidade, recompensas e referencias para reter a clientela
Stamped Loyalty & Referrals Programa de fidelidade con recompensas, referencias, puntos e niveis VIP
Rebuy Personalization Engine A plataforma líder do sector en personalización con tecnoloxía de IA
Justuno ‑ Email & SMS Pop ups Xanelas emerxentes para RGPD e cookies, banners e personalización
Octane AI: Advanced Quiz Maker Ten un control total sobre os cuestionarios dos teus produtos. Soporte VIP.
PageFly Landing Page Builder Crea páxinas de destino persuasivas sen esforzo e sen programar
Shopify Bundles Ofrece lotes fixos e paquetes múltiples para impulsar as vendas
Carro: Collaborative Commerce Dropshipping, venda por xunto, busca de provedores. Todo de grandes marcas
T Lab ‑ AI Language Translate Traduce a túa tenda a múltiples idiomas e engade moedas
Instafeed ‑ Instagram Feed Impulsa as vendas e a confianza cos feeds oficiais da tenda en Instagram
Weglot ‑ Translate Your Store Traduce a túa tenda a múltiples idiomas
Shopify Search & Discovery Personaliza a experiencia de busca e descubrimento no teu escaparate
Growave: Loyalty & Wishlist Impulsa as vendas con recompensas de fidelidade, referencias, listas de desexos e avaliacións

Fai máis con aplicacións de comercio

Con máis de 16 000 aplicacións entre as que elixir, a Shopify App Store ten calquera extra que a túa tenda precise: desde funcións adicionais ata opcións de produtos personalizadas.

Ademais de todas as funcións que precisas, listas para usar

O proceso de pagamento de maior conversión do mundo

Grazas ao mellor proceso de pagamento do mundo, Shopify converte os compradores cun 15 % máis de eficacia, de media, que outras plataformas.

Ferramentas de IA

A IA axúdache a crear e personalizar unha tenda en cuestión de segundos. Sidekick, o teu asistente de IA, axúdache con todo, desde a configuración ata a escalabilidade do teu negocio e a xeración de imaxes e textos de marketing.

Vídeos e modelos 3D

Axuda os compradores a imaxinaren como os teus produtos encaixan nas súas vidas con vídeos, ferramentas de visualización 3D e outros elementos de multimedia enriquecido.

Busca e filtros

Facilítalle á túa clientela atopar exactamente o que busca.

Idiomas e moedas

Deixa que a clientela escolla en que país e en que moeda quere comprar.

Recomendacións de produtos

Anima a clientela a encher os seus carros recomendándolle máis produtos que lles encantarán.

Rapidez e accesibilidade

As tendas de Shopify están optimizadas para seren rápidas e accesibles; así todo o mundo pode comprar sen agardar.

Adaptación a móbiles

Todo ten un deseño adaptativo para que se vexa ben sen importar que dispositivo use a túa clientela para visitar a tenda.

Todo listo para comezar?

Pásate a Liquid

Crea unha tenda tan única como a túa marca e déixanos a nós o mantemento.

O editor de temas de Shopify, que inclúe o código theme.liquid

Creación fácil e rápida

Con Liquid, a potente linguaxe de modelos de Shopify, poderás crear rapidamente unha tenda personalizada coa aparencia e o comportamento exactos que buscas. Ademais, funciona perfectamente cos clásicos HTML, CSS, JavaScript e JSON.

Puntuación de velocidade de carga do sitio, estado do tempo de actividade e verificación de cumprimento

Rapidez. Seguridade. Fiabilidade.

De supervisar o tempo de actividade, optimizar a velocidade e manter os bots a raia, encargámonos nós. Así que, tanto se fas un lanzamento importante como se chegas a un novo país, tes a garantía de que a túa tenda é segura, fiable e rápida.

Varios colaboradores usando Liquid e o editor da tenda en liña de Shopify para crear a tenda en conxunto

Un editor que calquera pode usar

Deixa que cada equipo faga o que mellor se lle dá. Calquera equipo pode editar contidos, lanzar páxinas de destino e incluso actualizar o deseño, deixando que o equipo de programación se centre no importante. Sen bloqueos nin restricións.

Anímaste a crear o teu propio tema?

Adopta a arquitectura headless

Elixe a túa propia pila tecnolóxica

Consigue exactamente a tenda que o teu negocio precisa, coa flexibilidade de usar a tecnoloxía que xa che encanta.

Gráfico que mostra como a Storefront API de Shopify funciona con calquera pila tecnolóxica de comercio
Dúas pantallas: unha mostra do código de Hydrogen e unha interface de liña de comandos executando Hydrogen
Unha tenda en liña despregándose en Oxygen

API con eficacia probada

A Storefront API de Shopify xestiona millóns de consultas e impleméntase globalmente nos bordos da rede. Deste xeito, os clientes de todo o mundo gozan de velocidades de carga incribles, sen importar o dispositivo desde o que compren. E ao non haber límites de frecuencia, podes realizar grandes eventos de vendas sen restricións nin facturas inesperadas.

Explorar a documentación

Lanza un sitio headless na metade de tempo con Hydrogen

Acelera o desenvolvemento con Hydrogen, o kit de ferramentas de comercio headless de Shopify. Sáltate a configuración cuns compoñentes, hooks e utilidades que funcionan en calquera marco: todo está optimizado para o comercio e preconfigurado para traballar coas API de Shopify.

Máis sobre Hydrogen

Aloxamento gratuíto en Oxygen

Desprega ao instante a túa tenda de Hydrogen usando Oxygen, a nosa solución de aloxamento global gratuíto, dispoñible en todos os plans de Shopify, agás no Starter. Ou ben, utiliza o teu provedor favorito para o aloxamento.

Máis sobre Oxygen

Buscas algo máis personalizado?

Únete a millóns de comerciantes en Shopify

Todo tipo de empresas. Todo tipo de tendas. Todas creadas para vender.

Crea a túa tenda en Shopify