Ferramentas de automatización de márketing

Automatización integrada para
un márketing máis potente

Chega a máis clientes, aforra tempo e cartos e aumenta as vendas con
ferramentas de automatización de márketing conectadas que funcionan á perfección entre elas

Proba Shopify gratis durante 3 días, sen tarxeta de crédito

Correo electrónico de márketing que inclúe un desconto xunto a unha interface de usuario do produto con opcións para seleccionar un esquema de cores e organizar varios elementos de tipos de letra

Shopify Messaging

O márketing sen complicacións

Formulario de captación de clientes potenciais que solicita o nome, correo electrónico e número de teléfono xunto a unha imaxe dun regador. Debaixo hai compoñentes da interface de usuario do produto para personalizar o formulario, con espazo para redactar o texto, asignar as cores da marca e seleccionar un desconto da tenda.

Shopify Forms

Capta máis clientes potenciais

Interface de fluxo de automatización configurada para enviar unha mensaxe de márketing cando un cliente se subscribe ao márketing por correo electrónico

Automatizacións

Márketing en piloto automático

Interface de usuario interna que mostra un segmento de clientes denominados "compradores de plantas de alto valor" xunto coa lóxica que define que clientes entran nese grupo

Segmentación

Personaliza mediante datos

Xanela de chat morada que convida o usuario a facer preguntas e recibir recomendacións de produtos

Shopify Inbox

Chats que xeran conversións

Deixa que as nosas ferramentas integradas fagan o márketing por ti

Todos os teus datos nun único lugar

Traballa de xeito máis intelixente con todos os datos da tenda e dos clientes organizados e visualizados nun único lugar.
Panel de control que mostra o rendemento das canles no panel de administración de Shopify. Ilustra o rendemento de canles como as directas, Busca de Google, Instagram, Facebook e correo electrónico, cada unha con distintos resultados.

Visión completa de todos os datos

Desde información de clientes e pedidos ata o rendemento da tenda e do márketing: analiza todos os teus datos nun espazo centralizado e seguro.

Personalización potente

Afonda na información dos clientes e crea estratexias de márketing personalizadas para impulsar os teus resultados.

Informes accionables

Con ferramentas de informes claras e informativas, poderás ver ao instante métricas de rendemento que facilitarán as decisións empresariais importantes.

Comeza rápido e personaliza facilmente con modelos de márketing

Aplica hoxe á túa tenda a nosa crecente colección de modelos e crea campañas de márketing personalizadas para aumentar as túas vendas.

Shopify Messaging

Modelos de correo electrónico que reflicten a túa marca

Descubre a nosa colección de modelos de correo electrónico personalizables ou crea os teus propios.

Automatizacións

Automatiza os momentos clave do márketing

Explora a nosa variedade de modelos de automatización de correo listos para usar ou deseña solucións á túa medida.

Segmentación

Novas formas de entender aos teus clientes

Explora a nosa variedade de modelos de segmentación baseados en datos ou crea o teu propio segmento de usuarios.
Atrae clientes de gran valor e con grande interese

Céntrate nos clientes que gastaron grandes cantidades e que fixeron clic nos teus correos ou mensaxes por SMS recentemente.

Predí quen gastará máis na túa tenda

Emprega a analítica para predicir o gasto potencial que fará un cliente no futuro: alto, medio ou baixo.

Fai campañas de produtos específicos que se compraron

Promociona produtos relacionados entre os clientes que mercaron artigos específicos na túa tenda.

Descobre como as marcas empregan as ferramentas de automatización de márketing

Saca proveito das ferramentas de automatización de márketing listas para usar

Shopify Messaging

Crea, envía e xestiona comunicacións adaptadas

Crea campañas de correo electrónico e SMS dende cero ou usando modelos, envía mensaxes con prezos flexibles e xera informes de resultados.

Shopify Forms

Fai medrar a túa lista de márketing e converte novos clientes potenciais

Atrae, adquire e converte novos clientes con Shopify Forms, unha solución de balde para a captación de clientes potenciais. Inclúese na maioría dos plans de Shopify.

Automatizacións

Configura fluxos de traballo de márketing eficaces

Configura fluxos de traballo automáticos e de forma rápida cos nosos modelos, ou crea os teus propios e axiliza os teus esforzos de márketing. Inclúese na maioría dos plans de Shopify.

Segmentación

Crea e atrae grupos de clientes únicos

Descobre perspectivas valiosas sobre os clientes ao crear segmentos únicos e logo interactúa con campañas personalizadas para impulsar as vendas. Inclúese en todos os plans de Shopify.

Shopify Inbox

Consegue máis conversións de clientes co chat

Xestiona as conversas cos clientes, crea mensaxes automatizadas e obtén perspectivas para centrarte nos chats que poidan xerar conversións. Inclúese en todos os plans de Shopify.

PREZOS

Aproveita ao máximo o teu orzamento de márketing

Move o control deslizante para ver exactamente canto pode render o teu orzamento de márketing.
Cos nosos prezos flexibles, só pagas polas mensaxes que envías, sen compromisos con custos de subscrición mensual.

Os teus primeiros 10 000 correos electrónicos son gratuítos cada mes. Despois, pagarás 1 USD/1000 correos, con prezos por volume a partir dos 300 000 correos electrónicos. O márketing por SMS cóbrase por separado.

Cantos correos electrónicos enviarás este mes?

Prezo deste mes$0USD
0

Número de correos electrónicos

O márketing por SMS cóbrase por separado.

Lista de funcións

Funcións das ferramentas de automatización de márketing

Shopify Messaging

Comeza a partir de modelos

Emprega calquera dos nosos modelos listos para o teu negocio e envía as túas mensaxes.

Vende dende o correo electrónico

Engade botóns de pago directamente nos teus correos e mira como despegan as túas vendas.

Envía mensaxes de márketing por SMS

Novidade

Crea ofertas e actualizacións mediante modelos personalizables con prezos flexibles.

Automatiza correos electrónicos

Escolle un modelo de automatización, edita o correo electrónico, actívao e mira como crece o teu negocio.

Mantén a liña da túa marca

Importa de forma automática aos teus modelos todos os activos da marca.

Personaliza con Sidekick

Novidade

Crea correos electrónicos na mesma liña da marca e de forma máis rápida: describe as edicións desexadas e deixa que Sidekick as faga por ti.

Reutiliza modelos

Crea e garda as mensaxes SMS e os correos electrónicos que desexas e logo utilízaos tantas veces como queiras.

Shopify Forms

Crea listas de márketing

Capta a información dos clientes e inclúeos nas listas de correo electrónico e de SMS de márketing.

Mante os teus datos nun único lugar

Garante unha visión completa sobre os teus clientes cunha única plataforma fácil de usar.

Deseña formularios de marca

Engade imaxes, escolle entre máis de 200 tipos de letra e xera unha primeira impresión rechamante.

Móstraos como queiras

Escolle un formulario de superposición, mostra a información nunha xanela emerxente sobre a tenda ou usa formularios integrados en calquera páxina.

Comprende mellor aos clientes

Achega algo máis que o nome e correo electrónico: obtén datas de nacemento e números de teléfono.

Traduce a diferentes idiomas

Novidade

Localiza os teus formularios para adecualos ao contido da tenda.

Automatizacións

Comeza axiña

Crea as túas automatizacións en minutos mediante os modelos para carros abandonados e vendas adicionais de primeira compra.

Crea os teus propios fluxos de traballo

Crea automatizacións personalizadas para todas as túas necesidades de márketing mediante a nosa interface de activador, condición e acción.

Analiza o rendemento

Comprende e mellora o rendemento da automatización a partir de informes accionables.

Emprega modelos de correo electrónico xa creados

Comeza con correos deseñados para a túa automatización ou escolle os teus propios modelos de Shopify Messaging.

Crea automatizacións de márketing multicanle

Crea automatizacións personalizadas que envían correos electrónicos e notificacións push mediante aplicacións como AfterShip, PushOwl e Seguno.

Segmentación

Actualizacións automáticas

Os segmentos engaden ou eliminan clientes automaticamente en función de comportamentos, como ver ou comprar produtos, obter etiquetas ou interactuar cos correos electrónicos.

Modelos

Comeza cuns cantos clics con segmentos deseñados con anterioridade e ideados para grupos de clientes novos ou de gran valor.

Segmentos personalizados

Busca e filtra por información específica da túa tenda, como produtos vistos pero non comprados e a distancia aos teus lugares de venda polo miúdo para crear os teus propios segmentos personalizados.

Descontos segmentados

Limita en Shopify un código de desconto para que unicamente poidan usalo clientes dun segmento concreto.

Mensaxes segmentadas

Escolle os destinatarios na túa lista de segmentos e envía con Shopify Messaging correos e SMS con alta relevancia e cunha maior probabilidade de conversión.

Crea novos segmentos con Sidekick

Novidade

Usa a linguaxe natural para describir os novos segmentos e deixa que Sidekick constrúa a consulta por ti.

Shopify Inbox

Ofrece respostas instantáneas

Usa a IA para xerar respostas suxeridas de forma automática durante as conversas cos clientes.

Chatea dende calquera lugar

A aplicación móbil Inbox infórmate de cando agarda un cliente para que poidas responder no momento en que queiras.

Crea listas de márketing

Permite aos clientes aceptar o envío de correos de márketing cando inicien un chat.

Conecta co correo electrónico

Anota a información do cliente no chat e fai un seguimento de inmediato cun correo electrónico de conversión automatizado.

Coñece o contexto do cliente

Consulta información detallada do cliente co que estás chateando; por exemplo, os artigos que teñen no carro e o seu historial de pedidos pasados.

Preguntas máis frecuentes

Que son as ferramentas de automatización de márketing de Shopify?

As nosas ferramentas de automatización de márketing axúdanche a conseguir máis conversións e a ofrecer unha experiencia excelente en todo momento, dende a subscrición ao boletín informativo ata o envío de fantásticos correos e mensaxes por SMS. Axúdanche a sacarlle todo o partido posible ao que ocorre despois de que un cliente chegue á túa tenda e compleméntanse de marabilla coas ferramentas de publicidade e de xeración de tráfico de Shopify, como as canles de vendas ou as opcións de SEO. As ferramentas de automatización de márketing inclúen Shopify Messaging, Shopify Inbox, as opcións de segmentación e as automatizacións de márketing.

Como axudan estas ferramentas aos expertos novos e experimentados do márketing por correo electrónico?

Os novos profesionais do sector poden poñer en marcha as súas iniciativas de márketing nun chiscar de ollos (e normalmente sen custo algún) grazas a modelos predeterminados e doados de usar, que se deseñaron para presentar rapidamente as empresas ante novos clientes. Aos profesionais do márketing xa consolidados encántalles como estas ferramentas acompañan o crecemento do seu negocio: importan a marca da tenda aos materiais de márketing e axúdanlles a crear campañas máis personalizadas a partir de datos de clientes moi fáciles de consultar.

Que ferramentas podo empregar para xerar máis tráfico na tenda?

Shopify ten ferramentas para axudarche a xerar tráfico na tenda, o que se traduce nunha gran experiencia de márketing logo de captar as visitas. Entre elas, atópanse:
  • Shopify Collabs
  • Shopify Audiences
  • Canles de vendas para Facebook, Instagram, TikTok e YouTube
  • Marketplaces en liña para Google e Walmart
  • Ferramentas de automatización de márketing de contidos integradas no panel de administración, como as publicacións do blog
  • Ferramentas de SEO integradas no panel de administración, como as etiquetas canónicas automáticas; sitemap.xml e robots.xml automáticos; editor para etiquetas de título, descricións meta e URL (publicacións do blog, páxinas web, produtos, coleccións), e un editor para o texto alternativo da imaxe.

Que ferramentas de automatización de márketing son de balde e por cales debo pagar?

Shopify Inbox, Shopify Forms, as automatizacións e as funcións de segmentación son 100 % gratuítas para todas as empresas subscritas ao plan Basic de Shopify en diante. O único produto que ten custo é Shopify Messaging, e esa tarifa só se aplica despois de enviar máis de 10 000 correos electrónicos ao mes. O márketing por SMS cóbrase por separado.

Preséntate ante os teus próximos mellores clientes coas ferramentas de tráfico de Shopify

Xera tráfico na tenda de xeito sinxelo e accesible

Converte clientes sen riscos

Diríxete aos compradores de Shop, das tendas en liña e das principais plataformas de anuncios, e paga só cando convertan.
Crear campaña 

Traballa con influencers

Con Shopify Collabs non che suporá un problema atopar influencers e traballar con eles.
Traballa con influencers 

Déixate ver nas principais canles

Conéctate facilmente a plataformas como Google, Facebook e TikTok para promocionar os teus produtos.
Engade unha canle